Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Sobre a Morte das Linguas

  Vou centrar a miña reflexión á volta da frase final do exercicio hoxe traballado sobre a ergatividade nas linguas: “Podemos encontrar orde na diversidade”. A tipoloxía lingüística actualmente, por suposto atendendo e valorizando a inmensa diversidade de linguas e formas de estruturar o pensamento e a  vida en comunidade, e construción dunha cultura colectiva  de cada unha delas, procura atopar os universais lingüísticos que caracterizarían o conxunto, o fenómeno, da linguaxe humana (como vimos en Ecolingüística ). Neste sentido, a humanidade atesora e constrúe, como se explicita no documentario Sobre a orixe das linguas , unha visión única do mundo e un concepto único sobre o que é ser humano. Isto é o que explica e xustifica a necesidade de desenvolver unha conciencia colectiva de que todas as linguas son igual de importantes na súa aportación ao patrimonio lingüístico, cultural, filosófico, histórico... da humanidade, e que tod@s debemos implicarnos, por tanto, na...

Como poderemos traballar con linguas que non coñecemos?

    Como non puiden asistir á sesión de aula en que se resolveu o primeiro exercicio, non sei se a miña reflexión vai polo camiño certo, pero quería deixar aquí o que puiden elaborar ca axuda da lectura que nos foi proporcionada, do libro Moure, Teresa (2019): Linguística eco. O estudo das línguas no Antropoceno, Santiago de Compostela, Através. O primeiro texto, unha breve historieta en danés, resultou moito máis similar ao inglés, tanto en vocabulario como en sintaxe (exceptuando algunhas cousas como a colocación do artigo) do que eu tiña imaxinado en primeira instancia. A pesar de partirmos da base de que se trata de dúas linguas xermánicas, isto é, estreitamente emparentadas, chamoume a atención o feito de que danés e inglés me resultasen moito máis semellantes entre si do que calquera delas con respecto ao alemán, e por desgraza non coñezo o suficiente a cultura danesa como para aventurarme a analizar se estas semellanzas se proxectan tamén sobre o resto da produción cu...